Hemeroteca

Asset Publisher

Back Un total de 502 rapaces participaron no programa Condúcete con senso

Oleiros, 10 de abril de 2014-.  Onte rematou o programa municipal de educación en valores, Condúcete con senso, onde un total de 502 alumnos dos catro CEIP de Oleiros formáronse ao longo das últimas semanas en educación viaria. Condúcete con senso é un programa onde se persegue educar o alumnado participantes en valores, creando hábitos e actitudes positivas de convivencia, de calidade de vida e de seguridade viaria. O obxectivo fundamental é o de afianzar as normas de seguridade viaria e formar cidadáns e cidadás responsables.

Debido á diferenza de idade dos participantes, os contidos foron adaptados ás idades dos nenos e nenas. O programa consistiu en dúas sesións teórico-prácticas dentro das aulas, onde coa axuda de educadores fóronse traballando as normas de seguridade viaria para o terceiro día saír a un parque móbil, instalado no pavillón de cada centro. Onde puideron poñer en práctica o aprendido: a ser peóns, a ser condutores, neste caso tiñan a súa disposición bicicletas, e tamén foron policías. O grado de satisfacción dos nenos e nenas así como do profesorado foi alto, solicitando levar a cabo a actividade o curso próximo.
 

back link