Durante todo o mes de xuño estará aberto o prazo para a presentación dos deseños. Agárdase, como cada ano, un alto interese para participar na convocatoria e contribuír co talento dos e das muralistas a esta nova edición do festival, que ten por obxectivo encher de cor e creatividade algúns espazos públicos do Concello.
Expresa Urban Fest vai ampliando cada ano a colección de murais con aportacións de prestixio. Na actualidade hai 16 grandes intervencións noutros tantos espazos públicos do territorio municipal.
As persoas interesadas poderán solicitar información a través do correo electrónico urbanismo@oleiros.org.