Hemeroteca

Asset Publisher

Back The Rapants, cabeza de cartel do Festival Rockanroleiros que se celebra esta fin de semana

Este venres e sábado a praza de Esther Pita acollerá a sexta edición do Festival Rockanroleiros. O Concello colabora na organización deste evento coa asociación Musicoleiros, formada por grupos locais que pretenden dinamizar e achegar a súa actividade musical.

Ás 19.00 horas do venres 6 comezará a edición deste ano coa actuación de Chasis, Greasy Belly, Madame Bird e a partir das 22.00 horas contará coas actuacións dos grupos invitados The Pontiaks e Monoulious DOP.

O sábado día 7, de 12.30 a 14.30 horas, haberá sesión vermú coas bandas Máxica e Steel Wire, e a partir das 18.00 horas, novos concertos dos grupos Dr. Snob, Braian de Palma, Desubicados e Candy’s Freckles e a partir das 22.00 horas os artistas invitados, Ricky Hombre Libre e The Rapants.

A entrada a todos os concertos é aberta e gratuíta.

back link