Oleiros, 28 de xaneiro de 2016-. Os luns, mércores e xoves -desde o 15 de febreiro e ata o 26 de maio-, o Concello de Oleiros impartirá un curso dirixido a todas aquelas persoas interesadas en obter o graduado en educación secundaria para adultos. Está previsto que a Xunta de Galicia convoque as probas para a obtención deste título ao longo deste ano 2016, polo que a través destas clases os alumnos e as alumnas poderán prepararse para superar esta proba.
As clases impartiranse no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo (rúa Os Regos, 24, Liáns) e cada sesión terá unha duración de catro horas, de 9:30 h a 13:30 h. O prezo é de 56 euros ao mes para non empadroados e de 28 euros para empadroados/as. Todas as persoas inscritas terán unha reunión informativa o 11 de febreiro ás 10:00 h no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo.
O profesorado impartirá as materias correspondentes aos ámbitos sociais, lingüísticos e científico-tecnolóxicos. As persoas interesadas deben dirixirse ao Departamento de Ensino, no centro cultural A Fábrica (981 636 598). As prazas son limitadas.