Hemeroteca

Asset Publisher

Back Rouban 3 árbores do parque As Trece Rosas

 Oleiros, 29 de marzo de 2022-. A pasada fin de semana roubaron 3 pereiras do parque As Trece Rosas. O Concello de Oleiros solicita colaboración cidadá por se fose posible detectar a persoa responsable. 

 
“Plantaramos un montón de árbores o ano pasado e acababamos de plantar agora cento e pico máis e, esta pasada fin de semana, un delincuente roubou tres pereiras. Un elemento que seguro que vai plantalos na súa horta ou unha persoa que se dedica á xardinería e que os venderá. É tremendo que sucedan este tipo de cousas nun espazo público”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.
back link