Ademais das actuacións de bandas históricas como Los Rebeldes, Rockanroleiros tamén é un importante espazo de promoción do talento musical local da man de distintos grupos formados no municipio que teñen cabida neste festival. Unha proposta cultural importante dentro do diverso abano de actividades culturais do Concello de Oleiros.