Oleiros, 15 de xaneiro de 2016-. O Concello de Oleiros deu hoxe por finalizadas as obras de construción dun muro de contención na rúa do Bañil, en Liáns. Con esta actuación evitaranse definitivamente os desprendementos de terras no último tramo desta rúa evitando os danos na calzada.
Ademais da construción do muro, tamén foron realizadas tarefas de asfaltado. O custo desta actuación superou os 35.000 euros e financiouse con cargo ao superávit obtido no exercicio de 2014 grazas á eficiencia e rigor na xestión económica do Goberno local.