Hemeroteca

Asset Publisher

Back Remata o segundo Obradoiro de Emprego da Finca Tenreiro con importantes avances no acondicionam

Oleiros, 21 de marzo de 2017-. O segundo Obradoiro de Emprego para o acondicionamento da Finca Tenreiro finalizou hoxe coa entrega de diplomas, por parte das autoridades municipais e autonómicas, ao alumnado. Este programa mixto de formación e emprego foi subvencionado polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, a Xunta de Galicia e o Concello de Oleiros. A subvención da Xunta foi de 179.134,20 euros e a achega do Concello foi de 25.000 euros.

En total participaron 20 alumnos, distribuídos nas especialidades de carpintería e moble e revestimentos con pastas e morteiros na construción. Os traballos efectuados permitiron a demolición e reconstrución dunha vivenda existente na finca e tamén do estanque que ocupa a zona central da parcela. Estes traballos complementan os realizados no primeiro Obradoiro de Emprego no cal se recuperou o edificio principal e o parque que rodea a dita casa.
 

back link