Hemeroteca

Asset Publisher

Back Radio Oleiros, xa dispoñible nas redes sociais e en Spotify

 A emisora municipal estrea novidades con motivo do novo ano. Neste 2024, os podcast de cada un dos programas que se emiten, estarán dispoñibles na plataforma Spotify.

Desde 2024 os podcast de cada un dos programas que se emiten estarán dispoñibles na plataforma Spotify. Poden encontrarse buscando o termo “Radio Oleiros”, ou ben, o nome do programa concreto. Esta opción de poder volver a escoitar os espazos da emisora súmase ás xa dispoñibles ata o momento, tanto na web do Concello de Oleiros como en Ivoox. 


Ademais, Radio Oleiros xa está en X (antigo Twitter) e en Facebook. Na primeira das redes sociais, baixo o nome @RadiOleiros. Na segunda, simplemente como Radio Oleiros. O obxectivo destes perfís e anunciar cada día o contido de cada un dos programas e facer unha maior promoción dos abundantes contidos cos que conta a emisora municipal. 


Enlaces aos perfís da emisora:
https://twitter.com/Radioleiros

https://www.facebook.com/profile.php?id=61555848834556&sk=about

 

back link