Hemeroteca

Asset Publisher

Back Publícanse as listaxes provisionais das prestacións de apoio á escolarización

Oleiros, 20 de xullo de 2017-. O Concello de Oleiros publicou as listaxes provisionais das prestacións de apoio á escolarización para o curso 2017/2018. A relación de familias beneficiarias destas axudas estará exposta no taboleiro de edictos do Concello e no departamento de Servizos Sociais e poderán consultarse en persoa ou telefonicamente, a través do teléfono de atención ao veciño 981 610 000.

O prazo para entregar a documentación que puidese faltar nalgunhas solicitudes e que resulta imprescindible para a súa valoración estará aberto ata o 7 de agosto. Posteriormente emitirase a listaxe definitiva, sobre a que se ditará a resolución, e se farán os trámites necesarios para que as familias poidan dispoñer deses cartos xusto antes de iniciarse o curso escolar. Na convocatoria deste ano presentáronse un total de 129 solicitudes para 225 menores, 103 nenas e 122 nenos.

Estas axudas son unha das diversas medidas pola inclusión social coas que conta o Concello de Oleiros e os seus importes varían en función da etapa escolar na que se atopa cada menor. O obxectivo destas prestacións, de pago único e con carácter finalista, é axudar ás familias nunha peor situación económica a cubrir os gastos extraordinarios que supón o inicio do curso escolar (material escolar, mochilas, dicionarios, libros…). Estas prestacións son compatibles coas  axudas que poidan conceder outras administracións, que normalmente están dirixidas só a libros e son insuficientes para cubrir todas as necesidades que se orixinan nunha familia con menores en idade escolar.
 

back link