Oleiros, 9 de outubro de 2020-. O vindeiro domingo 11 de outubro, ás 19:00 horas no Teatro As Torres de Santa Cruz, terá lugar unha sesión de curtametraxes do Festival Filmesturas 2020, o Festival de Curtametraxes en Línguas Minorizadas, que se desenvolve do 9 ao 12 de outubro en A Coruña, Sada, Oleiros e Cambre.
Na proxección das Torres poderán verse as curtas galegas As costureiras e O castelo da lúa, a catalana La resposta e Bor Bor, de Euskadi. Ademais, intervirán Lois Basallo, César Cambeiro e Miguel Pernas.
A capacidade da sala é limitada e a entrada é libre previa reserva. As persoas interesadas pódense anotar a través deste enderezo electrónico (voxpopuliasociacion@gmail.com) ou mandando un whatsapp ao teléfono 619 60 46 27, indicando número de persoas e sesión á que se queiran apuntar.