Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Próxima modificación do Regulamento Orgánico Municipal 

Oleiros, 30 de outubro de 2023-. Para garantir un normal funcionamento dos plenos municipais, ante os continuos intentos por alterar a orde por parte dos concelleiros do PSOE, o Goberno municipal procederá a modificar o regulamento orgánico municipal. A demagoxia e o intento de manipulación é tal que chegan a poñer en dúbida a capacidade e a legalidade do traballo dos funcionarios municipais cando fan os seus informes.

Á prepotencia coa que entraron na corporación súmase a vulneración das normas, que reinterpretan continuamente ao seu antollo para intentar confundir á veciñanza falando de falta de democracia. Tamén menten descaradamente cando falan da persoa do alcalde, denominando coma “fechorías” o traballo honesto e capaz que desempeña.

back link