Oleiros, 1 de outubro de 2014-. O Concello de Oleiros informa de que o director de Portos de Galicia comunicou esta mañá ao Goberno local que a obra de construción do muro de contención no porto de Santa Cruz se levará a cabo ao longo deste último trimestre do ano, tal e como se acordara nas conversacións mantidas durante os pasados meses entre responsables do Concello e do organismo autonómico. Deste modo, o director de Portos clarifica calquera dúbida xerada días en torno á execución desta obra nos pasados días.
O Goberno local mostra a súa satisfacción por esta boa noticia xa que os continuos derrubamentos que se producen nos noiros do porto de Santa Cruz supón un risco para residentes, bañistas e visitantes nesta zona do municipio. Como se sinalou en repetidas ocasións, os traballos consisten na construción dun muro en chanzos de cachotería que consolide o terreo e non cre un impacto visual neste punto de especial beleza do litoral oleirense.