Oleiros, 11 de setembro de 2013-. Mañá xoves, 12 de setembro, celebrarase pleno extraordinario do Concello de Oleiros ás 20.00 horas no salón de sesións da Casa Charry.
Na orde do día trataranse temas de interese, como son a aprobación definitiva do documento de modificación do texto refundido do Plan Parcial SUP-4R “A Pezoca” (Oleiros); a modificación dos Regulamentos de Axudas Sociais, Asistenciais e Profesionais para o Persoal Laboral e Funcionario do Concello de Oleiros; a adxudicación a prol do Concello de Oleiros da “Finca de Oleiros nº 12336” sita en O Carballo-Nós; a aprobación da Ordenanza Municipal do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Oleiros; a determinación dos dous días de festa de carácter local para o vindeiro ano 2014 no Concello de Oleiros; a aprobación da Conta Xeral do Concello de Oleiros, exercicio 2012 e dar conta da información remitida ó Ministerio de Facenda e Administracións Públicas relativa ó cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria.