Oleiros, 4 de abril de 2022-. O teatro das Torres de Santa Cruz acolle o vindeiro xoves 7 de abril, as 20:00 horas, a presentación da obra Cuando nada vale nada de Pedro Santiago. Ademais do propio autor, na presentación intervirá Reyes Caparrós, animadora cultural no Concello de Oleiros, e haberá acompañamento musical por parte da vocalista Nunzia Giannota e de Rodri Bermúdez coa guitarra acústica.
Pedro Santiago é escritor e traballa no Servizo de Municipal de Emerxencias do Concello de Oleiros. Cursou estudos superiores de deseño e amoblamento, oficio que exerceu durante máis dunha década. Dedicou toda a súa vida ás letras, xa que a lectura, xunto coa música, son as súas maiores afeccións.
Cuando nada vale nada preséntanos como unha serie de infortunios afectarán á vida dun home ata o punto de pensar que non hai retorno. A investigación pola morte do doutor Méndez será o epicentro desta historia, na que a incerteza, o suspense e os xiros inesperados mantéñense ata o final.