Hemeroteca

Asset Publisher

Back Outros 17 propietarios expropiados para a construción da Vía Ártabra cobrarán o 12 de xaneiro

Oleiros, 03 de decembro de 2015-. Un total de 17 veciños e veciñas con terreos expropiados para a construción da vía Ártabra e que aínda non percibiron as súas correspondentes indemnizacións, cobrarán o vindeiro 12 de xaneiro. O acto de pagamento será na Casa Charry, entre as 9:00 e as 10:30 horas.

A Xunta de Galicia apresurouse a anunciar o pagamento das indemnizacións a unha parte das expropiadas e dos expropiados hai un mes logo de que o alcalde, Ángel García Seoane, denunciase que aínda quedaban moitas persoas sen cobrar en Oleiros. Non é novo este modus operandi da Xunta de Galicia que meses atrás tamén pagou aos veciños e veciñas afectados pola Vía Ártabra despois das demandas do Goberno municipal. “É unha cuestión de xustiza. É inadmisible que todos os vehículos utilicen uns terreos polos que os seus propietarios non cobraron nin un peso”, comentou hoxe García Seoane.

No acto de pagamento deberán estar presentes todos os titulares do terreo expropiado. No caso de non poder asistir persoalmente, todos os titulares poderán solicitar o pagamento por transferencia a unha conta bancaria na que figuren todos os titulares do terreo expropiado. Se o terreo figura a nome de varios herdeiros, e co fin de acreditar a sucesión, deberán achegar: certificado de defunción, certificado de últimas vontades e testamento se o hai, ou no seu defecto declaración de herdeiros.
 

back link