Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Os cortes de tráfico na avenida Che Guevara comezan o martes

Oleiros, 14 de xaneiro de 2018-. O martes quedará cortado o carril dereito da circulación nun tramo da avenida Ernesto Che Guevara, entre a rotonda do monumento a Che Guevara e a rotonda de Santa Cristina. Esta alteración do tráfico débese á necesidade de introducir un gran colector da rede de saneamento baixo a estrada.

O Concello de Oleiros recomenda empregar os desvíos para reducir os problemas de circulación. Para toda a veciñanza do norte do municipio a mellor saída para dirixirse á Coruña é a través da vía Ártabra. No caso daqueles que viven na parte baixa de Dorneda, en Santa Cruz e Bastiagueiro, a mellor opción que teñen é desviarse no monumento a Che Guevara cara á avenida da II República, coller a rúa da Barreira para baixar a Rosalía de Castro e incorporarse á ponte da Pasaxe tras pasar pola rotonda de Santa Cristina. Para regresar da Coruña, poderán facelo pola rotonda de Santa Cristina, a rúa Corredoira das Viñas, a rúa da Piscina –que cambiará de dirección-,  e a rúa Miradoiro para chegar ao monumento a Che Guevara.

Xunto co tanque de tormentas que se está a construír en Santa Cruz, a construción do sifón e do colector na avenida Ernesto Che Guevara completará definitivamente a rede de saneamento do Concello de Oleiros. Esta nova obra, que rolda os dous millóns de euros, consiste, entre outras cousas, na colocación dunha grande tubaxe dun metro de diámetro desde a rotonda do monumento ao Che ata a ponte da Pasaxe.
 

back link