Hemeroteca

Asset Publisher

Back Os cooperativistas dunha promoción de vivenda pública de Oleiros marcharán ata a delegación de

Oleiros, 5 de outubro de 2012-. Na asemblea que tivo lugar onte da cooperativa Beiramar que adquiriu un terreo do Concello de Oleiros para a construción de 27 vivendas de protección oficial acordouse exixir a Facenda do Estado que ceda dunha vez por todas a súa porcentaxe desta propiedade.  Os cooperativistas levan xa 22 meses esperando a que o dito organismo, posuidor do 7% da propiedade, como porcentaxe froito do proxecto de urbanización de Meixón Frío e resultante de propietario descoñecido realice o trámite pertinente.

O retraso na tramitación da escritura a favor da cooperativa está provocando grandes prexuízos aos cooperativistas, causando impedimentos para a concesión definitiva do crédito para as obras e para a tramitación do expediente de vivendas protexidas ante a Xunta de Galicia.

Os cooperativistas, ante os inadmisibles retrasos burocráticos, acordaron desprazarse en conxunto e coas súas familias á Delegación de Facenda para demandar unha resolución inmediata. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, que estaba presente na asemblea transmitiu aos cooperativistas que os acompañará na marcha xunto co resto de membros do Goberno local.
 

back link