Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Os colombianos Nuestra Herencia e Jesús Alejandro Sánchez ofrecen un concerto o xoves pola tard

Oleiros, 4 de outubro de 2017-. Este xoves día 5 de outubro, ás 20:30 horas, o auditorio do centro cultural A Fábrica de Perillo acolle o concerto dos colombianos Dúo Nuestra Herencia e Jesús Alejandro Sánchez. O espectáculo forma parte do Encontro Internacional de Música de Pulso e Púa de Galicia.

A agrupación inclínase polo rescate dos aires tradicionais de Colombia, en especial os da zona andina, utilizando instrumentos de corda como a bandola, o tiple requinto, o tiple, a guitarra e o baixo eléctrico. Trátase dunha proposta innovadora que busca novos sons e arranxos que mesturan o tradicional co moderno e contemporáneo sen perder a esencia dos aires que se interpretan. 

A entrada é libre con invitación. Poderán recollerse un máximo de 5 por persoa a partir das 19:30 horas na Fábrica.
 

back link