Oleiros, 25 de marzo de 2015-. Este sábado 28 de marzo terá lugar no pavillón de Oleiros a celebración do II Trofeo de Ximnasia Rítmica Concello de Oleiros, organizado polo propio Concello coa colaboración do club de Ximnasia Acordes de Oleiros.
Participarán un total de 153 ximnastas procedentes de 18 clubs de Galicia e que competirán distribuídas en dúas sesións. Pola mañá a competición comezará ás 11.00 horas. Aproximadamente ás 13.30 está prevista a finalización das probas e a correspondente entrega de medallas. Xa pola de tarde, ás 16.00 horas, continúase a competición con ximnastas de nivel promoción e federado. Tras a proba celebrarase a correspondente entrega de premios.