Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros oponse a que os concellos da comarca paguen a débeda orixinada pola Coruña na EDAR de B

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, manifestou esta mañá a súa oposición a que a EDAR de Bens solicite un crédito para pagar os oito millóns de euros que se lle deben a Emalcsa polas obras da estación.García Seoane lembrou que foi o Concello da Coruña e a Xunta de Galicia os responsables da posta en funcionamento da depuradora e, polo tanto, son esas institucións as que teñen que afrontar as débedas derivadas de esa construción.

O alcalde explicou que a responsabilidade dos concellos da comarca comezou cando se tomou a xestión da empresa. “Esa débeda procede de cando Emalcsa puxo en funcionamento a EDAR de Bens. A obra entregouse mal, cun montón de avarías e problemas. Polo que a responsabilidade é do Concello da Coruña, que é quen ten que pagar esa débeda. Senón a Xunta de Galicia, pero non os concellos da área metropolitana”, dixo.


 

back link