Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Oleiros, o municipio coa renda máis alta de Galicia

Oleiros, 18 de outubro de 2017-. O Concello de Oleiros é o municipio de Galicia coa renda máis alta por habitante, superando a todas as grandes urbes e os concellos máis potentes. No conxunto de España, Oleiros supera tamén a Madrid e Barcelona e ocupa a posición número 34.

Segundo os datos do Ministerio de Facenda do ano 2015, Oleiros conta cunha renda bruta media de 37.584 euros por habitante e é o único concello galego que se atopa entre os 100 primeiros de España.
 

back link