Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Oleiros insta a Xunta a que acoute os prazos do novo colexio de Nós

Oleiros, 19 de novembro de 2012-. O alcalde de Oleiros Ángel García Seoane reclamou novamente esta mañá á Xunta  de Galicia que acoute os prazos para o inicio da obra do novo centro escolar de Nós. O rexedor  mostrou o seu malestar pola pasividade da Xunta e cualificou de falta de respecto institucional o comportamento que o Goberno autonómico está tendo co Concello respecto a este asunto. García Seoane sinalou que é necesario coñecer a previsión de entrada en funcionamento do novo colexio, xa que Oleiros é un municipio que segue incrementando a súa poboación e este equipamento é moi necesario e urxente. O rexedor recordou que o Concello realizou un investimento de 300.000 euros hai dous anos para adquirir os terreos necesarios para edificar este novo centro escolar e que porén a Xunta nin sequera atenda as súas demandas.

«Non se pode continuar a almacenar os nenos e as nenas en aulas, xa que dificulta enormemente o labor do profesorado e vai en detrimento da calidade educativa», sinalou. Por último o rexedor alertou que o ratio de alumnos por clase se está desviando cada vez máis do recomendado e que a entrada en funcionamento do novo centro debe realizarse o antes posible para solucionar este problema.
 

back link