Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros insta á Xunta a permitir aos colectivos locais o uso da casa do mar de Mera

Oleiros, 13 de febreiro de 2015-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, denunciou esta mañá a situación na que se atopa a casa do mar de Mera, remodelada recentemente e pechada aos colectivos da localidade, quen non poden desempeñar as súas actividades nestas instalacións por impedimento da Xunta. O rexedor censurou que este edificio construído na década dos oitenta, e historicamente utilizado polas asociacións atópase sen uso na súa planta alta, onde a Consellería creou un centro para maiores que, a pesar de no levar a cabo practicamente ningún tipo de actividade, conta cun director e un conserxe.

 

 

García Seoane criticou a actitude do Goberno autonómico, quen en reiteradas ocasións ao longo dos últimos meses denegou o uso das instalacións aos colectivos locais. Así mesmo instou ao executivo autonómico a que cambie a súa actitude e permita o uso das salas da casa do mar de Mera ao pobo. Os colectivos da zona dirixíronse en varias ocasións ao goberno local para denunciar esta situación.

 
 
back link