Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros esixe á Xunta que retome de inmediato a reforma da casa do mar de Mera

Oleiros, 9 de novembro de 2011-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane anunciou esta mañá que o Goberno local esixe á Xunta que conclúa de inmediato os traballos de reforma da casa do mar de Mera que abandonou o pasado mes de setembro. Así mesmo, García Seoane anunciou que o Goberno local se reunirá cos colectivos veciñais e sociais destas tres parroquias para estudar as medidas que hai que tomar para esixir a apertura inmediata deste equipamento.

A Consellería de Benestar Social privou do uso desta instalación aos xubilados das parroquias de Maianca, Serantes e Dexo o pasado mes de maio, cando as dependencias que usaban foron demolidas coa pretensión de facer un novo centro de día. As obras, que comezaron xusto antes das pasadas eleccións municipais, están paralizadas desde o mes de setembro. O prazo de execución dos traballos, que era de seis meses, xa concluíu e máis de 220 veciños e veciñas maiores da zona norte carecen de instalacións para desenvolver as  súas actividades sociais e de ocio.
 
Ademais do colectivo de xubilados, o retraso nos traballos está afectando aos usuarios e usuarias do punto de atención primaria situado na planta baixa deste edificio, xa que o bloqueo dos traballos fai que o equipamento se atopa nun estado deficiente e incompatible coa práctica sanitaria.
 

back link