Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Oleiros compite por gañar o concurso de accesibilidade Corta con las barreras

 

Oleiros, 2 de outubro de 2012-. O Concello de Oleiros é un dos 5 finalistas do concurso de accesibilidade Corta con las barreras. Unha iniciativa de Novertis e que está avalada polo Ministerio de  Fomento. O premio deste concurso son 100.000 euros para poñer en marcha un proxecto de accesibilidade na praza do exilio en Santa Cruz.

O proxecto presentado polo Goberno local de Oleiros propón resolver o problema de accesibilidade nesta praza. A idea é elevar a cota da praza e facer posible a continuidade entre os soportais e a praza sen diferenza de nivel. Ademais prevese dotar a praza cunha rampla de acceso desde a beirarrúa da rúa co obxectivo de crear contornos accesibles, eliminar barreiras e non discriminar as persoas con discapacidade. Así mesmo proponse construír un parque sensorial orientado á estimulación sensorial a través de cores, olores, texturas e sons, fomentando o crecemento físico, emocional, social e psicolóxico.

Toda a sinalización está orientada á explicación dos elementos que se sitúan na praza, estarían acompañados de esquemas visuais que faciliten a súa comprensión e escritos en Sistema Braille. Ademais no proxecto se comunica esta praza co fronte marítimo por medio dun paseo peonil que dá acceso ás praias e comunica co castelo de Santa Cruz. Os catro espazos están separados por vías de diferente intensidade de tráfico. Esta proposta pretende darlles continuidade mediante a instalación de tres pasos peonís elevados.

Aqueles cidadáns que desexen votar pola candidatura oleirense poden facelo a través da páxina web (http://www.cortaconlasbarreras.com) ou a través do seguinte link: Vota a candidatura de Oleiros agora. O prazo de votación permanecerá aberto ata o próximo 17 de outubro.
 

back link