Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Oleiros adxudica o restaurante da Fábrica

Oleiros, 22 de xullo de 2014-. O Concello de Oleiros adxudicou o restaurante A Fábrica á empresa Red Carpe Diem Ibérica, S.L. A empresa adxudicataria, que iniciará a súa actividade no complexo hosteleiro situado no emblemático edificio de Perillo ao longo das próximas semanas, non mantén ningún vinculo empresarial co grupo Gasthof. Polo que a coñecida cadea de restaurantes coruñeses non é a adxudicataria deste servizo como se publicou nalgún medio local na súa edición de hoxe. 

Ademais do restaurante da Fábrica, foi adxudicada por parte do Concello a cafetería do Centro social de Montrove, que tamén iniciará a súa actividade nos próximos días. Neste caso o adxudicatario foi Borja Pita González, un veciño do municipio que desempeñará a actividade neste negocio de hostelería que alberga o complexo municipal de Montrove e que rexistra unha importante actividade local. 
 
back link