Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Oleiros abre o prazo para presentar solicitudes para as axudas á escolarización para o curso 20

Oleiros, 21 de xuño de 2012-. O Concello de Oleiros abre o prazo para presentar solicitudes para as axudas á escolarización para o curso 2012- 2013.Estas prestacións de apoio á escolarización son unha das medidas de loita contra a exclusión social, posta en marcha pola Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Consumo do Concello de Oleiros, co fin de axudar a aquelas familias, nunha peor situación económica, a asumir os gastos extraordinarios que xera o inicio do curso escolar nunha familia.

As prestacións serán de ata 75 euros cada unha delas ata esgotar o orzamento, ás que se accederá polo sistema de concorrencia competitiva. Os menores coas rendas per cápita mais baixas serán os beneficiarios das ditas axudas. As axudas poderán ser solicitadas por todas aquelas familias veciñas de Oleiros, con fillos entre 0 e 16 anos escolarizados en centros públicos ou concertados do Concello de Oleiros. Aínda que inicialmente terán preferencia na asignación das axudas os menores entre 3 e 16 anos de idade.A renda per cápita mensual dos solicitantes, resultante de dividir todos os ingresos da unidade familiar, menos os gastos dedicados ao aluguer ou hipoteca, ata un máximo de 400 euros, dividido entre o número de membros, non poderá ser superior a 159,75 euros.

O prazo para presentar as solicitudes rematará o  próximo mércores 11 de xullo. As ditas solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Oleiros en horario de 8.30 a 13.00 horas. As persoas interesadas que desexen máis información poden dirixirse ás oficinas de Servizos Socias sen necesidade de cita previa.
 

back link