Enmarcada na programación de nadal do Concello de Oleiros, o vindeiro luns 23 decembro as crianzas que o desexen poderán gozar de obradoiros de manualidades de nadal na Praza Esther Pita.
Nestes obradoiros realizaranse árbores, adornos e postais de nadal. As actividades son gratuítas para público infantil.