Hemeroteca

Asset Publisher

Back O xoves celébrase unha festa de prenoitevella na Casa da mocidade das Pedras

 Oleiros, 27 de decembro de 2021-. Este xoves día 30 de decembro, entre as 22:00 e a 1:00 horas, celebrarase na Casa da mocidade das Pedras unha Festa de Prenoitevella. Haberá música a cargo con DJ Belén (usuaria das Casas da Mocidade), máquina de fume, luces de cores, picoteo,...

 
Esta festa é aberta e gratuíta para todos os mozos e mozas de Oleiros. É posible obter máis información nas casas da mocidade (Santa Cruz e As Pedras), chamar ao 981 614 083, ou enviar un correo a pix.portaberta@gmail.com ou  pix.aspedras@gmail.com.
back link