Oleiros, 9 de marzo de 2012-. O Concello de Oleiros pon en marcha o vindeiro luns día 12 un curso de lingua galega preparatorio para a obtención do certificado de Lingua Galega en nivel 3, coñecido como Celga 3. Este curso que promove a Xunta de Galicia será impartido no centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo en horario de luns a xoves de 19.30 horas a 21.30 horas. Debido á alta demanda que teñen este tipo de cursos, o Servizo de Normalización Lingüística solicitou ante a Xunta o curso de nivel 4, pero este foi denegado polo Goberno autonómico alegando falta de orzamento.