Hemeroteca

Asset Publisher

Back O túnel de Sol y Mar abrirá finalmente á circulación en decembro

A petición do Concello, o Delegado do Goberno en Galicia Pedro Blanco acudiu hoxe ao túnel de Sol y Mar para aclarar in situ o estado actual da obra ao alcalde, Ángel García Seoane. Tal e como explicou o Delgado, a previsión que existía de apertura á circulación do túnel para estes días non poderá cumprirse debido a varios imprevistos, fixando o mes de decembro como data máis probable de apertura.

“O motivo principal que nos deron para non abrir agora o tráfico no túnel, tal e como nos comunicaran inicialmente, débese principalmente a necesidade de acometer unha serie de traballos para evitar posibles inundacións. En calquera caso, teñen todo moi avanzado e quero crer que a data que se pon agora si vai ser unha realidade”, dixo o alcalde.

O alcalde aproveitou esta visita para trasladarlle ao Delegado do Goberno a demanda do Concello de darlle continuidade ao paseo da ría desde Beiramar, para poder conectalo con Cambre. “Nós defendemos que o paseo é un paseo da ría, non dos parques. Non imos admitir baixo ningún concepto que vaia polo parque do Paraíso, ten que ir pola costa”, comentou.
 

back link