Oleiros, 22 de agosto de 2017-. O vindeiro sábado 26 de agosto, ás 18:00 horas, procederase a realizar a inauguración do campo de fútbol municipal de Iñás tralas importantes obras de remodelación realizadas polo Concello de Oleiros, que ascenden a 788.247 euros. A instalación foi dotada de céspede artificial, novos vestiarios, grada cuberta, torres de iluminación, peche e un acceso pavimentado.
Antes do acto de inauguración disputaranse diversos partidos entre os equipos das categorías inferiores do Atlético San Pedro e do Xuventude de Dorneda. Ás 18:30 horas celebrarase tamén a gran final do Trofeo Concello de Oleiros de fútbol entre os equipos que resulten vencedores das semifinais nas que se enfrontan Marino e Dorneda, por un lado, e Atlético San Pedro e Santa Cruz, polo outro.