Hemeroteca

Asset Publisher

Back O sábado 27 de xaneiro comeza a Liga de Judo de Oleiros

O vindeiro sábado 27 de xaneiro, ás 9:00 horas, arranca unha nova edición da Liga de Judo que organiza o Concello de Oleiros en colaboración co Judo Club Oleiros. 

Nas primeiras xornadas participarán máis de 150 nenos e nenas en idade escolar de 14 clubs procedentes de Oleiros, A Coruña, Santiago, Lugo, Avilés e Xixón.
 
As competicións desenvolverase os días 27 de xaneiro, 3 de febreiro, 2 de marzo e 20 de abril. Os combates terán lugar no pavillón José Antonio García Nieto de Canide, en horario de mañá.

back link