Oleiros, 9 de febreiro de 2012-. O Concello de Oleiros, dentro do programa de actividades Ler para Saber, organiza mañá venres 10 de febreiro unha charla sobre enerxías renovables. O simposio celebrarase na Biblioteca Central Rialeda de Perillo ás 18.30 horas. A actividade, orientada a mozos e mozas e público en xeral, correrá a cargo do doutor Óscar Cabeza Gras, profesor do departamento de Física da Universidade da Coruña.
Previamente, Alberto Paz e Ismael Golán, alumnos de 6º curso de ensinanza primaria do colexio Valle Inclán de Perillo, realizarán unha breve presentación sobre máquinas simples e compostas e despois terá lugar a conferencia.