Hemeroteca

Asset Publisher

Back O prazo de inscrición para o concurso de disfraces do Concello de Oleiros remata o día 15 de febreiro ás 14:00h

O Concello de Oleiros repartirá 5.200 euros en premios no concurso de disfraces de Entroido que se celebrará o próximo venres 16 de febreiro no Pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz.

O prazo para inscribirse comezou o pasado día 6 e rematará o próximo día 15 de febreiro ás 14:00 horas. As persoas interesadas teñen a súa disposición as Bases do Concurso na web municipal, na sede electrónica e no Departamento de Cultura do Concello de Oleiros.


O concurso de disfraces contará con dúas categorías ou modalidades. Na modalidade de “GRUPOS” haberá un primeiro premio de 1.500 euros, un segundo premio de 1.000 euros, dous terceiros premios de 500 euros e un accésit de 400 euros. Na categoría “INDIVIDUAL-PARELLAS” haberá un primeiro premio de 400 euros, un segundo premio de 300 euros, dous terceiros premios de 200 euros e dous accésit de 100 euros. Os accésit serán outorgados polo xurado se así o considera convinte atendendo á calidade global dos disfraces participantes.


As inscricións deben realizarse a través do formulario web na Sede Electrónica municipal ou ben de forma presencial no Rexistro do Centro Cultural A Fábrica (Rúa do Inglés, 13, Perillo). A recollida de dorsais para o concurso poderá efectuarse na Fábrica, o xoves 15 de febreiro (8:30-14:30h) e o venres 16 de febreiro (8:30-14:30h) e no propio Pavillón Arsenio Iglesias o día do concurso de 16:30 a 18:00 horas.

Máis información no Departamento de Cultura do Concello de Oleiros e na web www.oleiros.org
 

back link