Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Pleno municipal aprobou contribucións especiais debido á mellora do servizo de extinción de incendios, a participación do Concello no POS+2024 ademais dunha moción do goberno relativa ao uso da Casa do Mar de Mera

O martes 23 de xaneiro celebrouse ás 20:00h na Casa Charry un pleno municipal que tivo como puntos do día a aprobación das obras do POS, asuntos de carácter económico e máis o sorteo dos membros das mesas electorais para as eleccións autonómicas que terán lugar o día 18 de febreiro de 2024, entre outros.

Diversos asuntos relacionados con obras públicas relacionadas con financiación provincial foron tratados no Pleno que a Corporación Municipal de Oleiros celebrou o martes, día 23, ás 20:00h en Casa Charry.

Un pleno que serviu igualmente para designar por sorteo ás persoas que formarán parte das mesas electorais dos comicios ao Parlamento de Galicia, que terán lugar o próximo 18 de febreiro.

Ademais o plenario municipal aprobou a participación no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) “POS+ Adicional 1/2024” da Deputación Provincial da Coruña para o financiamento de gastos sociais extraordinarios por un importe de 162.383,50 euros.

Tamén se aprobaron contribucións especiais debido á mellora do servizo de extinción de incendios, entre outros asuntos de tipo económico e burocrático, así como unha moción presentada polo grupo de goberno relativa á creación dun centro de saúde acorde coas necesidades do norte do municipio na Casa do Mar de Mera; rogos e preguntas.

back link