Oleiros, 16 de xaneiro de 2018-. O pleno municipal, que se celebra o xoves ás 20 horas na Casa Charry, aprobará de maneira definitiva o orzamento municipal para o ano 2018, que ascende a máis de 28 millóns de euros. Desta maneira, o documento poderá entrará en vigor para executar todas aquelas obras e servicios que contempla.
O do xoves será un pleno extraordinario con carácter ordinario no que se poderán debater mocións, e no que tamén haberá rogos e preguntas. Ademais está prevista a aprobación dun convenio coa Fegamp para a realización dunha nova cartografía do municipio.