Hemeroteca

Asset Publisher

Back O persoal do Concello de Oleiros concéntrase contra os recortes do Goberno de España

Oleiros, 13 de xullo de 2012-. O persoal do Concello de Oleiros e os membros do Goberno local concentráronse esta mañá fronte á Casa do Concello en protesta polos recortes anunciados polo Goberno de España. O  paro, de aproximadamente quince minutos de duración, foi secundado por practicamente a totalidade dos traballadores e traballadoras municipais. O persoal das oficinas de Recadación e do complexo cultural A Fábrica, tamén se concentraron fronte aos seus postos de traballo en Perillo, do mesmo modo fixérono os do departamento de Servizos Municipais, na rúa do Río. O persoal, de forma espontánea e sen convocatoria previa de ningunha forza sindical, mostrou o seu malestar polos recortes que afectan ao groso da sociedade española, como a subida de impostos, e polos recortes en dereitos laborais que afectan á función pública.
 

back link