Oleiros, 2 de agosto de 2018-. A exposición Francisco Lloréns. A ruta do impresionismo das Mariñas poderá visitarse ata o día 15 de agosto no Parque da Lagoa de Mera. Trátase dunha mostra ao aire libre para que veciños e visitantes poidan coñecela.
O obxectivo desta exposición, froito dun convenio de colaboración entre Turismo de Galicia e o Consorcio das Mariñas, é dar a coñecer a vida e obra do pintor Francisco Lloréns e difundir o patrimonio natural, cultural e paisaxístico das Mariñas. Lloréns é un dos grandes pintores galegos do século XX e nas súas obras recolleu diferentes zonas da comarca, entre elas Oleiros.