Oleiros, 17 de xaneiro de 2018-. O Museo Os Oleiros abre hoxe o prazo de inscrición para o obradoiro que ten preparado para as festas de Entroido. Trátase dunha actividade, dirixida tanto a nenos e nenas como adultos, na que as persoas participantes crearán as súas propias buguinas -instrumentos típicos dalgunhas olerías galegas como Buño ou Bonxe-.
A actividade ten unha duración de dúas xornadas, o 3 e o 10 de febreiro, con dúas quendas: de 17:00 a 18:30 horas e de 18:30 a 20:00 horas. Para ter máis información sobre a actividade así coma para formalizar as inscricións deben dirixirse ao Museo Os Oleiros, situado no Centro Cultural As Torres de Santa Cruz, ao teléfono 981 626 692 ou ao correo electrónico museos@oleiros.org.