Oleiros, 27 de abril de 2018-. Con motivo do Día dos Museos, que se celebra o vindeiro 18 de maio, o Concello de Oleiros organiza un obradoiro de conservación de pezas de olería e material cerámico. Todas aquelas persoas interesadas en coñecer de primeira man en que consiste o traballo de conservación e restauración de arqueoloxía e de materiais cerámicos, poden acceder ás técnicas empregadas polos profesionais nesta actividade.
O curso desenvolverase en dúas sesións o día 19 de maio, de 10:30 a 12:00 horas e de 12:30 a 14:00 horas. Poden apuntarse un máximo de 15 persoas por sesión no teléfono 981 626 692 ou no correo electrónico museos@oleiros.org.
Ademais desta actividade haberá visitas teatralizadas a cargo do grupo de
teatro do Concello de Oleiros os días 18 e 19 de maio ás 20:30 horas e visitas guiadas centradas no traballo técnico que se está a desenvolver no Museo Os Oleiros os mesmos días, ás 12:30 e ás 18:30 horas.