Oleiros, 16 de marzo de 2021-. A compañía Ibuprofeno Teatro presenta o venres ás 19:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera a obra O mel non caduca. Marián Bañobre e Avelino González forman o elenco desta obra escrita e dirixida por Santiago Cortegoso.
O mel non caduca é un espectáculo biodegradable e ecosostible xestado a partir dun proceso de creación colectiva, arredor da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica consumista do capitalismo e da obsolescencia programada, tanto dos produtos como das persoas.
Dous científicos/apicultores, en 2173, levan a cabo sofisticados e absurdos experimentos, nun contexto de futuro distópico no que o planeta está arrasado. Dous irmáns volven á casa familiar na aldea pola morte da súa nai. O conflito aflora cando deben xestionar as pertenzas familiares.
As entradas poñeranse á venda a partir das 18:30 horas, a 2,50 euros, ata completar a capacidade da sala. A obra está recomendada para un público adulto.
Ante a situación sanitaria, e seguindo as directrices das autoridades, será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización.