Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O martes abre o prazo para solicitar praza nas actividades de encaixe, artesanía téxtil, manual

Oleiros, 28 de decembro de 2017-. Do 2 ao 4 de xaneiro estará aberto o prazo para  solicitar as prazas vacantes nas distintas actividades ocupacionais organizadas polo Concello de Oleiros. As inscricións poderán realizarse a través da sede electrónica da web municipal, no apartado trámites on line dentro da carpeta de Cidadáns/Empresas, ou ben nas propias oficinas de Servizos Sociais a partir das 10:00 horas do día 2 de xaneiro ata o 4 de xaneiro.

Existen 9 prazas en encaixe, 5 en artesanía téxtil, 5 en manualidades e 3 en acuarela. Todas elas adxudicaranse por orde de inscrición e as clases comezarán a semana do 8 de xaneiro.

Esta segunda parte do curso 2017/2018 abarcará ata o mes de maio e participarán unhas  250 persoas nun total de 16 actividades distribuídas polas distintas localidades. O obxectivo principal é potenciar as relacións entre os veciños e veciñas en actividades grupais, axudando a facer novas amizades e incrementar as relacións sociais, mentres se realiza unha actividade na que se adquiren habilidades manuais nunha determinada técnica artística.

 

back link