Hemeroteca

Asset Publisher

Back O luns comezan as obras de construción do tanque de tormentas de Santa Cruz

Oleiros, 21 de abril de 2017-. A construción do tanque de tormentas de Santa Cruz, na zona dos xogos infantís do parque Luís Seoane, comezará o vindeiro luns logo de que a Xunta conseguira solucionar os problemas burocráticos que atrasaron o inicio dos traballos. Esta actuación, en combinación coa creación do sifón da Pasaxe e novo colector da avenida Che Guevara que tamén comezará neste 2017, completará o proxecto de saneamento da ría da Pasaxe iniciado hai máis de 20 anos.

Mentres duren as obras, a rúa Santiago Álvarez terá que ser pechada ao tráfico. Tamén haberá que trasladar o parque infantil, que será renovado totalmente unha vez finalice a obra, para que os nenos e as nenas poidan seguir xogando. Logo dunha asemblea do alcalde coa asociación de veciños, acordouse que os xogos dos/as pequenos/as sexan instalados na zona verde que hai entre a rúa Enrique Líster e a rúa Viñas de Babilonia.

As obras do tanque de tormentas foron contratadas pola Xunta por máis de 3,8 millóns de euros. O 80% do financiamento procede da Unión Europea e o 20% restante achégao a Consellería de Medio Ambiente.
 

back link