Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O gran musical Mamma Mia! chega este domingo á Praza Esther Pita

O Concello organiza este domingo 8 de xuño, ás 18:00 horas praza de Esther Pita, o gran musical que se estrou a pasada semana no Parque da Lagoa no que máis de 200 artistas interpretan unha versión do espectáculo Mamma Mia!, baseado nos grandes éxitos do grupo ABBA. Participarán a Orquestra Sinfónica e os coros da Escola Municipal de Música, o coro “La Tremenda Tremolina” e un grupo da Escola Municipal de Danza
 

Desta maneira a Escola Municipal de Música de Oleiros continúa as conmemoracións polo seu 25 aniversario. Nesta ocasión a Orquestra, constituída pola orquestra de cordas e a Banda da escola, agrupando a un cento de músicos,  estará acompañada polos coros da propia escola e polo coro “La Tremenda Tremolina”, así como polo alumnado da Escola Municipal de Danza. 

Este espectáculo conta con Malu Balado, na dirección artística e na adaptación do libreto; Rodrigo Rodríguez, na dirección musical e na adaptación musical; Nilo García, na dirección da Orquestra Sinfónica; Coco Pereira, na dirección de La Tremenda Tremolina; Lara Fenoll, na dirección da Escola Municipal de Danza; e os profesores da Escola de Música Marina Gundín, Mónica Pérez, Álex Carral e Jorge Galán.
 

back link