Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Goberno municipal incluirá importantes proxectos no Plan Único da Deputación

Oleiros, 16 de febreiro de 2017-. O Goberno municipal, aprobará no pleno que se celebra o vindeiro luns ás 20:00 horas na Casa Charry, importantes proxectos de renovación do pavimento de varias rúas e das redes de abastecementos de auga en diferentes localidades do concello. En total, as obras suman 959.979 euros e a Deputación aporta o 80% da financiación.

No caso da pavimentación de rúas, o Goberno municipal incluirá o asfaltado e outras actuacións menores na rúa Tierno Galván en Maianca, rúa da Luz e na rúa Laxeiro en Nós, na rúa do Faro en Iñás, na rúa da Cova en Oleiros, na rúa dos Niños e na avenida das Américas en Perillo, na rúa do Campo e na rúa Castro da Vixía en Dexo e na rúa Curruncho en Dorneda. 

En canto aos proxectos de renovación da rede de abastecemento de augas, abordaranse na avenida das Mariñas, entre a Rúa dos Sauces e da Rúa Graxal, na avenida Concepción Arenal en Santa Cruz, entre a rúa do Mar e a urbanización Meixonfrío, e en Iñás e Nós entre o depósito de Sarro e a intersección da Rúa Fontes coa avenida Espoz e Mina. Tamén quedará pechada a rede de abastecemento de auga entre o Polígono  Industrial de Iñás e a zona denominada Campamento e renovaranse os pozos de saneamento na rúa Benito Blanco Feijóo.

“As obras de renovación das redes de abastecementos de augas non se ven, porque están aí debaixo, pero é imprescindible facelas. Son necesarias para a vida diaria das persoas. Non pode ser que as tubaxes estean rompendo constantemente. Nalgúns casos en Oleiros teñen máis de 30 anos, son de uralita e por normativa hai que ir eliminándoas. As que estamos poñendo son de ferro fundido e deberían durar moitísimos anos. O veciño notarao cando abra a billa e non sufra cortes”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.
 

back link