Oleiros, 26 de outubro de 2016-. A Casa Charry acolle mañá ás 20:00 horas a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de outubro. O Goberno local aprobará a modificación de diversas ordenanzas fiscais, entre as que se atopa a taxa de sumidoiro.
Con esta medida, o Concello de Oleiros pretende garantir que as familias con problemas económicos graves poidan acceder a un servizo público básico. Tamén haberá unha bonificación do 50% para as vivendas habituais das familias numerosas.