Hemeroteca

Asset Publisher

Back O domingo proxéctase na Fábrica a película Sufraxistas

Oleiros, 7 de marzo de 2017-. O ciclo “Un Oleiros de cine” continúa este domingo coa película Sufraxistas. A proxección está prevista para as 19:30 horas no auditorio da Fábrica. A entrada é gratuíta con invitación, que poderán recollerse desde unha hora antes do inicio do filme.

A película está ambientada no movemento sufraxista que naceu en Inglaterra en vésperas da I Guerra Mundial. A maioría das sufraxistas non procedían das clases altas, eran obreiras que vían impotentes como as súas pacíficas protestas non servían para nada. Entón radicalizáronse, e na súa incansable loita por lograr a igualdade, arriscáronse a perdelo todo: o traballo, a casa, os fillos e a súa vida.  
 

back link