Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Consello Climático de Oleiros organiza unha recollida de pellets na praia de Mera o venres 26 de xaneiro

O venres 26 de xaneiro ás 16:00 horas na praia de Mera, o Consello Climático de Oleiros organiza unha recollida de pellets e outros refugallos. 

O Consello Climático de Oleiros organiza unha recollida de pellets e outros refugallos na Praia de Mera. Trátase dunha actuación totalmente voluntaria na que pode participar calquera veciña ou veciño que o desexe. Para organizarse dunha forma efectiva, as persoas interesadas deberán anotarse no correo electrónico laura@dallequedalle.com ou no 659884680. 

back link